Poio é sinónimo de deporte base
Por Cristina Saiz
O pavillón municipal da Seca viviu este domingo unha tarde especial, con moito público nas bancadas e aínda máis deportistas na pista.
Foi grazas á presentación das escolas deportivas municipais, coas que se pretende que os mozos se inicien na práctica deportiva e nos hábitos de vida saudables.
Todas e cada unha das 21 modalidades deportivas ofertadas este ano polo Concello desfilaron polo recinto deportivo.
Ademais varias das escolas, como as de ximnasia rítmica, baile, taekwondo ou kick boxing, realizaron exhibicións para deleitar aos presentes.