A décima do Teucro pasa por Barcelona
Por Redacción
Díficil compromispo para a Sociedad Deportiva Teucro na súa loita por manterse no coliderado da División de Honra Prata.
Os azuis visitan este mércores (18:30 horas) a pista do Barcelona B, cuarto clasificado e "uno de los mejores equipos de la categoría", recoñece Edu Moledo, na busca da súa décima vitoria consecutiva.
"Nosotros venimos reforzados por las nueve semanas seguidas ganando y por la última victoria tan trabajada, tan valiosa por cómo se produjo y tan merecida como la que conseguimos el sábado. Así que vamos a Barcelona conocedores de lo difícil que es ganar allí, pero convencidos de que podemos lograrlo", sinalou na previa Quique Domínguez.
A noticia positiva para o técnico pontevedrés é a volta á convocatoria de Saúl Campo, superada a súa lesión no ombreiro, polo que na enfermería azul só queda agora José Manuel Rial.
Enfróntanse en Barcelona os dous mellores ataques da categoría, xa que o cadro blaugrana promedia máis de 30 goles por partido e o Teucro máis de 29.
"A mi modo de ver es la plantilla más completa de la División de Honor Plata", recoñece tamén Quique Domínguez dun rival que ata o momento só cedeu un partido na súa cancha, ante o Zamora.