O ABP Sport domina o Campionato Galego de Kick Boxing en Moraña
Por Redacción
O pavillón de Moraña gozou da emoción da competición co Campionato Galego de Kick Boxing.
Celebrado a pasada fin de semana na modalidade de 'kick light', na que non se busca o K.O., a competición reuniu a preto de 150 deportistas de 12 clubs chegados de toda Galicia.
O ABP Sport pontevedrés, que ademais actuaba como organizador do evento, fíxose co primeiro posto na clasificación por equipos grazas ás 10 medallas de ouro, 4 de prata e 5 de bronce que lograron os seus deportistas.
Segundo foi o Arcade (7 ouros, 4 pratas e 6 bronces), mentres en terceiro lugar finalizou o Club Juancho Vázquez santiagués (6 ouros, 11 pratas e 8 bronces).
O Concello de Moraña aproveitou o campionato para homenaxear a Nicolás Medranda, desportista local que este ano se proclamou dobre campión nacional.
Relacionadas:
-
Kick Boxing Poio e ABP Sport, satisfeitos polos seus resultados no Campionato de España
Por Redacción |
-
O kick boxing galego ten unha cita en Moraña
Por Redacción |
-
O Kick Boxing Poio tamén triunfa no Nacional
Por Redacción |
-
Bos resultados do ABP Sport pontevedrés no Campionato de España de Kick Boxing
Por Redacción |