Pasarón quere cantar a novena ante o Boiro
Por Diego Espiño
O Pontevedra recibe ao Boiro este domingo (17:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón co obxectivo de lograr a súa novena vitoria como local esta tempada noutros tantos partidos e aproveitar a oportunidade que brinda o duelo entre quinto e sexto clasificado (Valladolid B e Ponferradina) para consolidarse na zona de play-off.
Os granates non se fían dun cadro coruñés que a pesar de ser recentemente ascendido e estar na zona baixa reforzouse no verán con fichaxes de peso na categoría.
Os problemas para Luisito atópanse na liña defensiva, con Capi sancionado pola súa expulsión en Vigo e Dani Portela aínda sen estar plenamente recuperado da súa lesión muscular.
As dúbidas que iso xera en canto ao sistema de xogo e ao posible once inicial, unido á proximidade do rival, levou o técnico para decidir adestrar dous días desta semana a porta pechada, o xoves e este sábado.
Pola súa banda o Boiro de Fredi Álvarez contará en Pasarón coa ausencia do dianteiro Pedro Beda por sanción.
O choque, que será abitrado polo asturiano Eduardo Rodríguez García, arrincará cunha emotiva homenaxe ao que foi xogador granate Filipe Machado, falecido no tráxico accidente aéreo do Chapecoense brasileiro. Ademais de gardarse un minuto de silencio, o Pontevedra colocará a súa camiseta no centro do campo e xogará con brazaletes negros.
Relacionadas:
-
Pisa firme o Pontevedra que non dá opción á Arandina e volve gañar a domicilio (0-2)
Por Redacción |
-
Un Pontevedra de dúas caras golea o Boiro (4-0) no día que Pasarón lembra a Filipe Machado e ao Chapecoense
Por Ramiro Espiño & Cristina Saiz |
-
Un partido de sanción para Capi e dous ao 'Secre'
Por Redacción |
-
O Pontevedra lembrará a Filipe Machado no partido ante o Boiro
Por Diego Espiño |
-
O ex futbolista do Pontevedra Filipe Machado, entre os pasaxeiros do accidente aéreo do Chapecoense brasileiro
Por Diego Espiño |
-
Como na casa en ningún sitio
Por Diego Espiño |
-
Empate a todo entre Coruxo e Pontevedra (2-2) nun intenso partido
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |