Goleada do Poio Pescamar ante o Majadahonda (6-0) para marchar de vacacións cos deberes feitos
Por Redacción
Non hai mellor maneira de afrontar o parón da liga na Primeira División Feminina de fútbol sala que terminar cunha goleada reparadora.
É o que conseguiu o Poio Pescamar ante un rival directo na pelexa pola oitava praza, que dá dereito a xogar a final de tempada a Copa de España.
Despois de tres derrotas consecutivas, o equipo vermello volveu mostrar a súa mellor versión para impoñerse con claridade ao Majadahonda (6-0) na Seca, xusto o equipo que ocupaba ata este sábado a oitava posición.
O partido arrincou con minutos de tenteo entre ambos os equipos. Defendíase o Majadahonda, coa súa gardameta Lauri parando incluso unha pena máxima, ata que Ceci desfixo a igualdade a pouco máis dun minuto para o descanso poñendo o 1-0.
Só 30 segundos despois Charo facía o segundo nunha contra, o que achegou unha gran tranquilidade ao Poio para afrontar a segunda metade.
Aos cinco minutos da continuación Ale de Paz facía o terceiro, obrigando ás madrileñas para asumir riscos e apostar polo xogo de cinco. Non lles resultou, xa que os seus erros en ataque foron aproveitados polas pontevedresas para sentenciar o choque e facerse cos tres importantes puntos en xogo.
Agora o Poio Pescamar marcha de vacacións cos deberes feitos, xa que debido aos compromisos da Selección Española non volverá xogar en liga ata o próximo 7 de xaneiro en Murcia.
POIO PESCAMAR (6): Silvia Charo, Jenny, Jessi, Ale de Paz -cinco inicial- Ceci, Patri Corral, Carolina, Jessy Lores.
MAJADAHONDA FSF (0): Lauri, Marta Rodríguez, Marta Mateo, Sila, Mónica -cinco inicial- Cels, Novoa.
Goles: 1-0 Ceci (min.19), 2-0 Charo (min.19), 3-0 Ale de Paz (min.25), 4-0 Patri Corral (min.30), 5-0 Jenni (min.31), 6-0 Patri Corral (min.36).
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal da Seca.
Relacionadas:
-
Sufrida vitoria do Poio Pescamar (1-2) en Murcia fronte a UCAM El Pozo
Por Redacción |
-
O 2017 arranca en Murcia para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Duelo pola oitava praza no último partido do ano para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Empate de mérito do Poio Pescamar en Alcorcón (2-2)
Por Redacción |
-
A pegada do líder Atlético Navalcarnero supera a un digno Poio Pescamar (4-0)
Por Redacción |