O Galaico triunfa en casa e proclámase campión galego de natación de longa distancia
Por Redacción & Diego Torrado
Un ano máis, o Galaico proclamouse campión galego de natación de longa distancia. Foi no torneo autonómico desta disciplina, disputado este sábado na piscina do complexo deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños.
Nel, participaron un total de 101 nadadores de dezaseis clubs de toda Galicia.
Tras máis de tres horas de competición, o equipo que presentaba o Galaico a este campionato superou ao resto dos seus rivais ao acumular 142 puntos fronte aos 121 do segundo clasificado, o Club del Mar San Amaro. Terceiro foi o Club Natación Riveira con 117 puntos.
Os gañadores individuais foron:
- Infantil feminino: Alba Martínez Parada do CN Riveira.
- Infantil masculino: Pablo Galán Vicente do C do Mar.
- Junior 1 feminino: Águeda Cons Gestido do CN Galaico.
- Junior 1 masculino: Xabier Carneiro Viqueira do C do Mar.
- Junior 2 feminino: Macarena García Garay do C do Mar.
- Junior 2 masculino: Daniel Sánchez Louzán do CN Galaico.
- Senior feminino: María Vilas Vidal do CN Riveira.
- Senior masculino: Manuel Dávila Lustres do CN Riveira.
Os nadadores na categoría infantil percorreron 2.000 metros en estilo libre, mentres que nas categorías sénior e absoluta nadáronse 3.000 metros.
Durante a proba, a federación entregou os trofeos aos clubs gañadores do circuíto autonómico de augas abertas, onde o Club Natación Galaico na súa categoría feminina proclamouse campión galego. Este éxito súmase ao subcampionato que conseguiu nesta mesma modalidade no nacional celebrado en Fuengirola (Málaga).
Relacionadas:
-
Águeda Cons deslumbra en Sabadell con su primer oro en el Nacional de piscina corta
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Bea Gómez e Águeda Cons encabezan o equipo do Galaico no Campionato de España de Inverno
Por Redacción |
-
Xornada de promesas da natación na piscina olímpica
Por Redacción |
-
Ponte Muíños acollerá o sábado o campionato galego de natación de longa distancia
Por Redacción |