Julián Ferreiro reactiva ao Villalonga: "puxemos a primeira pedra pero ata cubrir o tellado queda moito traballo"
Por Diego Espiño
O Villalonga recuperou o sorriso unha semana despois da chegada de Julián Ferreiro ao banco de San Pedro. O triunfo na casa ante o Somozas (2-1) reactivou os ánimos dos celestes despois de 13 xornadas sen coñecer a vitoria.
Malia todo o equipo continúa nunha posición delicada na táboa, fóra de descenso pero igualado a puntos co Negreira, primeiro conxunto que perdería a categoría, motivo abondo para que o novo técnico pida prudencia e traballo aos seus, "non podemos quedar só co resultado porque houbo luces e sombras, aínda que facía moita falta non está todo arranxado. Puxemos a primeira pedra pero ata cubrir o tellado queda moito".
O primeiro para Ferreiro é que o seu equipo saiba manter o tipo nos momentos malos, uns minutos que ata hai pouco lle custaban os partidos, "o positivo do Somozas é que tivemos capacidade de reacción despois do 0-1, os partidos duran 90 minutos nos que vos dous equipos teñen as súas fases, hai que saber sufrir nas malas e aproveitar as boas".
O próximo encontro para o Villalonga será a domicilio ante un rival directo, o Betanzos (domingo 16:30 horas), que se encontra a só dous puntos dos celestes, "é un partido importante pero non é unha final. ÿ un rival directo ao que podemos adiantar na clasificación e gañarlle ou parcial".