Máis de 700 atletas inscritos na XXI Carreira Pedestre de San Martiño
Por Redacción
Bueu acollerá o vindeiro domingo 13 de novembro una das súas probas deportivas clásicas, a Carreira Pedestre de San Martiño, que chega nesta ocasión á súa XXI edición.
Máis de 700 atletas inscribíronse para participar nunha carreira que servirá ademais de colofón á programación festiva da fin de semana.
Ás 10:00 horas abrirán o evento as categorías inferiores, mentres a carreira absoluta disputarase ás 12:00 horas cun percorrido de 6 quilómetros e saída e chegada nas inmediacións do Museo Massó, na Avenida Montero Ríos.
A organización, a cargo do Club Atletismo Corredoiras, espera superar a cifra de 800 participantes coas inscricións para as carreiras infantís, que se realizarán o mesmo domingo ata media hora antes do inicio.
A XXI Carreira Pedestre de San Martiño foi presentada oficialmente este xoves no salón de plenos do Concello de Bueu.