O Kick Boxing Poio tamén triunfa no Nacional
Por Redacción
O Campionato de España de Kick Boxing celebrado a pasada fin de semana en Villarrubia de Santiago, Toledo, resultou moi positivo para o Kick Boxing Poio.
O club pontevedrés conseguiu subir ata en 24 ocasións ao podio, repartidos nas tres modalidades competición (Point Fighting, Light Contact e Kick Light).
En Light Contanct sumaron dous ouros (Marcos García e David Casais), catro pratas (Carmen Lavía, Álex Vallejo, Daniel Veiga e Rodrigo Fernández) e tres bronces (Marco Utesá, Cintia González e David Pérez)
En Kick Light o balance foi dun ouro (Cintia González), catro pratas (Diego Soto, Carmen Lavía, David Casais, Rodrigo Fernández) e un bronce (Estela Buezas).
Por último en Point Fighting sumaron un ouro (David Casais), tres pratas (Marco Utesá, Rodrigo Fernández, Álex Vallejo) e cinco bronces (José Casal, Daniel Veiga, Diego Soto, Raúl Balboa, Cintia González).
Relacionadas:
-
Kick Boxing Poio e ABP Sport, satisfeitos polos seus resultados no Campionato de España
Por Redacción |
-
O ABP Sport domina o Campionato Galego de Kick Boxing en Moraña
Por Redacción |
-
O kick boxing galego ten unha cita en Moraña
Por Redacción |
-
Bos resultados do ABP Sport pontevedrés no Campionato de España de Kick Boxing
Por Redacción |