Homenaxe provincial a Martín Bouzas, "la mayor promesa del ciclismo español"
Por Redacción
Con só 18 anos converteuse en "la mejor promesa del ciclismo español", recoñeceu o seu director, Evaristo Portela.
Martín Bouzas, ciclista do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, recibiu este xoves a homenaxe da Deputación de Pontevedra despois da súa gran tempada, na que se proclamou campión de España Sub-23 contrarreloxo no seu primeiro ano na categoría e na que chamou a atención dos grandes equipos do pelotó internacional.
"Todos los equipos, desde Movistar o Trek, lo quieren llevar", recoñece Portela. De feito co segundo puido gozar dunha concentración de grandes talentos internacionais coa que demostraron que lle seguen de preto.
A pesar diso "de momento ha apostado por el Froiz, no moverse y crecer dos o tres añitos con nosotros", sinala orgulloso o seu director despois dunha tempada marcada polas caídas que lles impediron loitar por algúns dos seus grandes obxectivos.
Bouzas mostrouse agradecido polo recibimento e polo apoio que presta a institución provincial ao seu equipo e que lle permite "viajar cada semana por España y estar en las grandes carreras".
O ciclista galego aproveitou o acto para entregarlle unha réplica do seu maillot de campión de España sub-23 á presidenta provincial, Carmela Silva.
Relacionadas:
-
Martín Bouzas e Guillermo García, nomes destacados do Campionato Galego Contrarreloxo
Por Redacción |
-
Revolución no Froiz pensando nun gran obxectivo, a Copa de España
Por Diego Espiño |
-
Martín Bouzas, ciclista do Froiz, seleccionado para a contrarreloxo sub-23 do Campionato de Europa
Por Redacción |
-
Martín Bouzas roza o triunfo no Gran Premio Cidade de Vigo de ciclismo
Por Redacción |
-
O equipo Trek do UCI Pro Tour pon os seus ollos no corredor do Froiz Martín Bouzas
Por Redacción |
-
Martín Bouzas, do Froiz, proclámase campión de España contrarreloxo Sub-23
Por Redacción |