As Rías Baixas tamén son deportivistas
Por Redacción
O Bar Aserradero de Sanxenxo acolleu este mércores a inauguración oficial da Peña Deportivista Rías Baixas.
Os afeccionados da zona do Real Club Deportivo da Coruña acudiron a gozar do evento, no que contaron coa presenza dalgunhas persoas representativas do club.
Alí estiveron o presidente da entidade coruñesa, Tino Fernández, o futbolista do primeiro equipo Álex Bergantiños e o ex-capitán blanquiazul Manuel Pablo.
La Peña Deportivista Rías Baixas forma parte de maneira oficial da Federación de Peñas do club coruñés.