Adrián Paz, un 'supercampión' pontevedrés nos Emiratos Árabes
Por Diego Espiño
É un auténtico trotamundos do deporte profesional, que o levou nos últimos anos a países como os Vietnam, China ou os Emiratos Árabes.
O preparador físico pontevedrés Adrián Paz afronta esta tempada un novo reto neste último país, os Emiratos Árabes, ao que regresou da man do adestrador ferrolán Pablo Prieto para enrolarse na sección de fútbol sala do Al Nasr de Dubai.
A aventura non puido empezar con mellor pé, xa que con este equipo Adrián proclamouse campión da Supercopa ao derrotar na gran final ao Al Ahli (3-2), sendo a primeira vez que o seu club, o máis antigo do país, consegue o título.
O Al Nasr creouse no ano 1945, contando con diferentes seccións deportivas como fútbol, fútbol sala, baloncesto, balonmán, ciclismo e natación.
Adrián xa coñecía o país árabe tras o seu paso hai uns anos polo Al Wahda. Ademais as ansias de novos retos e de coñecer outras culturas levaron ao pontevedrés, que empezou a nivel profesional no Santiago Futsal (cando se denominaba Autos Lobelle), a formar parte do corpo técnico da Selección de Vietnam ou do campión da liga chinesa, o Dalian Yuan Dynasty.