Preocupación no Pontevedra, que espera multas pola invasión de campo e uso de material prohibido nas bancadas
Por Diego Espiño
O partido do domingo ante o Lealtad de Villaviciosa pode carrexar consecuencias negativas para o Pontevedra Club de Fútbol, que se expón a multas polo comportamento dalgúns dos seus afeccionados.
A nova invasión de campo ao final do encontro, principalmente de nenos que se achegaron aos futbolistas na busca dalgún recordo ou fotografía, foi reflectida no acta arbitral polo colexiado, César Domínguez, sinalando que "se produjo una invasión de aficionados, muchos de ellos identificados con los colores del Pontevedra" aínda que "no causó problema alguno".
"Es un problema para nosotros, lógimente el colegiado lo reflejó en el acta y eso supondrá una sanción por parte de la Federación Española de Fútbol", sinala a presidenta granate Lupe Murillo.
O club desculpa en parte esta actuación, no caso dos xóvenes afeccionados, aínda que recoñece que "va a haber que corregirlo", pois se converteu nun feito frecuente e que na última fase de ascenso, hai dúas tempadas, custou 1.000 euros de multa ao club pola invasión en cada un dos tres partidos que se xogaron en Pasarón.
Lupe Murillo: "El club no puede seguir acumulando deuda por incidentes como estos"
Máis contundente móstrase o Pontevedra co uso de material prohibido nas bancadas como bengalas ou botes de fume, neste caso do Fondo Norte. Este comportamento chegará previsiblemente á Comisión Antiviolencia e supoñerá de novo un castigo económico, tamén aos afeccionados que a Policía Nacional identifique como presuntos responsables.
O Pontevedra solicitou as imaxes do encontro á Televisión de Galicia para que estas sexan analizadas polas forzas de seguridade. "El club no puede seguir acumulando deuda por incidentes como estos", explicou a presidenta.
A Comisión Estatal Contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte, na súa reunión do pasado martes 11 de outubro, xa acordou sancionar a un afeccionado, neste caso visitante, polo seu comportamento no partido entre Pontevedra e Racing de Ferrol, ao romper dous asentos despois do gol dos granates. O seu castigo ascende a 2.000 euros de multa e a prohibición para acceder a recintos deportivos por tres meses.
Relacionadas:
-
Añón cae da convocatoria do Pontevedra para Valladolid
Por Diego Espiño |
-
75 anos granates ben merecen un regreso ás Palmeiras
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Final feliz en Pasarón a un día de festa granate con vitoria (3-0) ante o Lealtad
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Granate ou branca, así son as camisetas "exclusivas" do 75 aniversario do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra, a poñer a guinda ao seu aniversario gañando ao Lealtad
Por Diego Espiño |