Ponte Caldelas presume de escolas deportivas
Por Redacción
As escolas deportivas municipais de Ponte Caldelas han inicio o curso con éxito de participación.
Preto de 350 nenos e nenas inscribíronse nas cinco modalidades ofertadas: gimnásia artística, ximnasia deportiva, taekwondo, tenis e fútbol.
Precisamente o fútbol é o que acapara a maior parte da inscricións, con 250 nenos da comarca matriculados nas actividades dirixidas pola Sociedade Cultural e Deportiva de Ponte Caldelas. Pola súa banda as dúas modalidades de ximnasia contan con 25 deportistas nos seus adestramentos no Pavillón Municipal, baixo a corrdinación do Club Treboada de Pontevedra.
O taekwondo, única das escolas encadrada nas Deporte Escolas da Deputación, experimentou un importante incremento ata os 40 inscritos. Completan as escolas o tenis utilizando as instalacións do centro urbano, A Insua, A Reigosa e Caritel.
Co curso recentemente estreado, o Concello pensa xa en ampliar a oferta para o próximo ano con patinaxe e pádel, xa que se está traballando na cuberta das pistas existentes e na construción dun circuíto para os patinadores máis pequenos, ao que se une o carril-bici-patíns planeado pata o Paseo da Calzada.
Ademais presentou unha solicitude ante a Deputación para incluír a especialidade de piragüismo para a próxima tempada.