Portas estrea baixada de carrilanas
Por Redacción
A Copa Galicia de Carrilanas chega esta fin de semana a Portas, que estrea competición na I Baixada de Carrilanas de Romai.
A proba celebrarase este domingo 9 de outubro nun circuíto de 1.100 metros entre os lugares de Tras do Río e Veiga da Fonte.
O teleclub de Romai acollerá a recepción de participantes e a verificación dos vehículos de 11:00 a 12:30 horas, pero haberá que esperar ata as 15:00 horas para vivir o inicio da competición.
A organización espera a presenza de corredores chegados desde diferentes puntos da xeografía galega, que darán cor a unha competición sempre rechamante cos peculiares vehículos contruidos a man e sen mecanismos de propulsión.