Difícil desprazamento para a SD Teucro, que visita ao Gijón Jovellanos
Por Diego Espiño
O Teucro buscará este sábado (19:30 horas, pavillón de La Arena) repetir a xesta da pasada tempada e vencer o Gijón Jovellanos para conservar a praza de play-off de ascenso.
Os pontevedreses, último equipo que conseguiu dobregar o equipo asturiano na súa casa (27-29 a pasada tempada), contarán unicamente coa baixa de longa duración de César Armán, unha vez que Juan Bar se recuperou dos problemas que arrastraba no seu abdutor dereito, "el sábado pasado jugué pero estaba muy limitado, ahora con toda la semana de fisio me encuentro bien, ayer ya entrené con normalidad".
O porteiro arxentino, clave na traxectoria ligueira do Teucro, non descarta unha vitoria na cancha do segundo clasificado, "para ganar hace falta jugar con pocos errores, evitando sus contras y defender como ya hemos hecho en algunos partidos, así tendremos opciones".
Pola súa banda, o conxunto asturiano xogarase manter a praza de ascenso directo nunha semana marcada polos problemas físicos. Os xixoneses contarán coas ausencias do pivote Ángel Paraja e de Acetti, ao que se suman as dúbidas sobre o estado do zurdo Maxi Cancio, con problemas lumbares. Ademais Juanjo Ruesga, Carlos Prendes, Pablo Fernández sofren diversas molestias, aínda que poderán xogar contra o Teucro.