Facer visible a ELA ben vale ir de Madrid a Lisboa 'do tirón'
Por Redacción
Queren dar visibilidade á loita contra a esclerose lateral amiotrófica (ELA), e para iso non dubidan en exporse grandes desafíos, como o foi afrontar unha das probas ciclistas máis duras do planeta, a Titan Desert.
Agora, o equipo Ponte1Reto exponse unha nova meta, na que unen a superación persoal cunha causa solidaria, completar a Madrid-Lisboa de BTT Maratón.
Oito deportistas pontevedreses afrontará desde este sábado 1 de outubro a popular carreira, na que deben completar os 770 quilómetros que unen as capitais de España e Portugal sen parar e en menos de 55 horas.
Farano iso si en remudas, con dous equipos de catro compoñentes por pistas e camiños, de día e de noite e só contando con asistencia técnica nos puntos establecidos para cambiar de deportista, xa que o corredor debe ser autosuficiente durante a carreira.
O Equipo 1 de Ponte1Reto estará composto por Josevi Cimadevila, Manuel Caramés 'Fallolli', Borja Vence e Fran Valiñas, mentres o Equipo 2 está formado por Pablo Fernández, Ramón Mella, Víctor Pampín e Juan Hernández. Juan Quinteiro e Carlos Paredes prestaranlles asistencia nas autocaravanas que trasladarán aos corredores cando non se atopen en competición.
A saída da Madrid-Lisboa producirase ás 12:00 horas do sábado, contando con 778 ciclistas inscritos e 278 equipos repartidos nas diferentes categorías.
Relacionadas:
-
Lanzarote, primeira parada do ano para o equipo de Ponte1Reto
Por Redacción |
-
Novos obxectivos e ilusións para a iniciativa solidaria Ponte 1 Reto
Por Diego Espiño |
-
Reto superado na Madrid-Lisboa Non Stop
Por Redacción |
-
Catro titáns capaces de terminar a Titan Desert
Por Diego Espiño |
-
O equipo 'Ponte 1 Reto' supera o ecuador da Titan Desert e o seu primeiro contacto coas dunas
Por Diego Espiño |
-
Dura estrea do equipo 'Ponte 1 Reto' na Titan Desert
Por Redacción |