O Tríatlon Motobike Galaico doutórase no Desafío Illas Cíes
Por Redacción
En apenas un ano de vida o Tríatlon Motobike Galaico segue dando pasos á fronte na formación de deportistas de todas as categorías.
Todos eses adestramentos realizados empezan a ter reflexo na competición, como o II Acuatlón Desafío Illas Cíes celebrado en Vigo o pasado sábado 24 de outubro.
Alí competiron preto dunha vintena de deportistas do club pontevedrés, copando boa parte dos postos de podio desde a categoría benxamín ata a cadete.
Desta forma Marta Novo impúxose na categoría benxamín, Ramón Fernández e Natalia Castro na infantil e Francisco Castro na cadete. Ademais subiron ao podio Pedro Pereira (3º en categoría alevín), Laura Cano (2ª en idade alevín), Alicia Bouzas (3ª alevín), Pablo García (2º infantil), María Novo (2ª infantil), Alberto Rodríguez (2º cadete) e Cibrán Leal (3º cadete).
Completaron a participación do Motobike Galaico: Alejandra Bemposta, Manoel Mellid, Javier Rodríguez, Lucas Domínguez, Manuel García e Jacobo Fernández,
Con esta proba a canteira do club pontevedrés pon fin á tempada de competicións.