Mala xornada para Portonovo, Sanxenxo e Unión Grove
Por Redacción
Só o Xuventú Sanxenxo conseguiu sumar, polo menos un punto, na xornada de Preferente, ao empatar na casa ante o Ourense (1-1).
Os amarelos, nun choque moi igualado, adiantáronse no marcador no tramo final do choque, cun gol de Héctor no minuto 80, pero a alegría durou pouco e só dous minutos depués o cadro visitante lograba a igualada.
O punto permite aos de Óscar García colocarse cuartos na táboa con 10 puntos.
Consulta aquí o acta do Xuventú Sanxenxo-Ourense.
Non puido dar continuidade á súa melloría o Portonovo ao ceder pola mínima no campo do Atios (1-0).
Un gol de Diego Oliveira aos 80 minutos de xogo bastoulle ao equipo local para quedar cos tres puntos en xogo.
O cadro arlequinado é agora duodécimo con 6 puntos.
Consulta aquí o acta do Atios-Portonovo.
Tamén cedeu pola mínima o Unión Grove a domicilio, no campo do Caselas (1-0).
O cadro meco viuse superado na segunda metade cun tanto de Lois aos 66 minutos e queda agora na décimo cuarta praza con 5 puntos.
O partido estivo marcado ademais polo susto que provocou un choque entre o porteiro do Grove, Velay, e un xogador rival. Ambos tiveron que ser substituídos e terminaron nun centro médico, aínda que sen lesións de gravidade.
Consulta aquí o acta do Caselas-unión Grove.