Solange Pereira agranda a súa lenda en Marín nun espectacular Campionato de España de Milla
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Grande xornada de atletismo a vivida este sábado en Marín, desde a mañá co Criterium Quilómetro Urbano para as categorías inferiores, seguindo coa popular Milla Urbana San Miguel e finalizando co Campionato de España de Milla en Ruta, cunha notable afluencia de público na Alameda da vila.
Solange Pereira foi a gran protagonista da proba estrela da xornada, logrando en Marín o seu quinto título nacional consecutivo na distancia.
A deportista canguesa chegou a meta cun tempo de 5:00, con tres segundos de vantaxe sobre a soriana Marta Pérez e sete sobre a valenciana Laura Méndez, segunda e terceira respectivamente.
Pola súa banda na categoría masculina Víctor Riobó non puido ser profeta na súa terra ao ser sexto. O atleta marinense foi seis segundos máis lento que o vencedor, o madrileño Sergio Jiménez, que investiu un tempo de 4 minutos e 22 segundos. Acompañáronlle no podio Víctor Ruiz e Fernando Sainz.
Consulta aquí os resultados do Campionato de España de Milla.
Relacionadas:
-
Unha carreira popular de 5 quilómetros, novidade na XX edición da Milla Urbana San Miguel
Por Redacción |
-
Marín honra a San Miguel Arcanxo coa tradicional Danza das espadas
Por Diego Torrado | Creada e actualizada
-
600 atletas converterán o Campionato de España de Marín nunha "milla de ensueño"
Por Diego Espiño |
-
Marín prepara unha xornada de "festa do atletismo" co Campionato de España de Milla en Ruta
Por Diego Espiño |
-
Marín será sede en setembro do Campionato de España de Milla en Ruta
Por Diego Espiño |