600 atletas converterán o Campionato de España de Marín nunha "milla de ensueño"
Por Diego Espiño
Participación de luxo no Campionato de España de Milla en Ruta que acollerá Marín o vindeiro sábado, 24 de setembro.
A Alameda recibirá a máis de 600 atletas no que supón "una barbaridad" para unha carreira destas características, segundo recoñeceu unha das máximas favoritas ao título na categoría feminina, a canguesa Solange Pereira.
Non o terá sinxelo pois se espera unha dura competencia con atletas como a campioa de España de 1.500 metros, Marta Pérez.
Tamén aspira ao triunfo o marinense Víctor Riobó, co plus que supón competir na súa vila. "Me hace mucha ilusión poder competir en casa", recoñece.
A organización, a cargo do Club San Miguel, Concello e Federación Galega de Atletismo, fai ademais especial fincapé en que 300 dos atletas acudirán a Marín para participar no Criterium de Quilómetro Urbano destinado ás categorías inferiores.
"La milla es una prueba histórica y Marín quiere tener una milla de ensueño", completou Gonzalo Méndez na presentación do evento, no que colaboran 50 voluntarios da Agrupación Viguesa de Atletismo e do Club San Miguel.
A actividade iniciarase ás 12:00 horas co Criterium Quilómetro Urbano, continuará ás 17:15 horas coa proba popular e continuará desde as 18:00 horas co Campionato de España, estando fixada a carreira elite feminina ás 19:30 horas e a masculina ás 19:50 horas.
Relacionadas:
-
Solange Pereira agranda a súa lenda en Marín nun espectacular Campionato de España de Milla
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Marín prepara unha xornada de "festa do atletismo" co Campionato de España de Milla en Ruta
Por Diego Espiño |
-
Marín será sede en setembro do Campionato de España de Milla en Ruta
Por Diego Espiño |