Conceden a Pontevedra a organización do Campionato de España de Loitas Olímpicas
Por Diego Espiño
Cando no pasado mes de abril o Pavillón Municipal dos Deportes acollía o Campionato de España Junior e Escolar de Loitas Olímpicas cumpríanse nove anos desde que Galicia organizase por última vez unha competición de loita dese nivel.
Agora, só un ano despois, a Federación Galega deu un paso máis.
Pontevedra será sede en marzo de 2017, os días 24 e 25, do Campionato de España Senior e Cadete, segundo confirmou a Federación Española de Loitas Olímpicas nun avance ao seu calendario competitivo oficial do ano.
Acoller esta competición, que contará coa elite nacional, supón un respaldo ao traballo que vén realizando desde hai uns anos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, e que logrou que os deportistas galegos se teñan covertido en habituais do equipo nacional. Entre eles atopamos a loitadoras pontevedresas como Lydia Pérez Touriño e Carmen Salgado, medallistas no Nacional Junior celebrado en abril na cidade de Lérez.
Ademais a cita disputarase só tres días antes de que dea comezo en Hungría o Campionato de Europa Sub-23, polo que servirá previsiblemente de posta a punto para boa parte da selección española.
Relacionadas:
-
Cita co "evento de lucha más importante de España" no Pavillón Municipal
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra postúlase como candidata a acoller en 2019 o Europeo Junior de Loitas Olímpicas
Por Diego Espiño |
-
Dobre medalla de ouro para Lydia Pérez na primeira gran competición da tempada
Por Redacción |
-
Lydia Pérez, sen fortuna no Campionato de Europa Junior
Por Redacción |
-
Lydia Pérez e Carmen Salgado, medallistas no Torneo Internacional Xóvenes Promesas de loita
Por Redacción |
-
O Loita Pontevedra triunfa na casa no Nacional Junior con medallas para Lydia Pérez e Carmen Salgado
Por Diego Torrado |