Saída complicada para o Pontevedra ante un ambicioso Celta B
Por Diego Espiño
O Pontevedra buscará este sábado (16:30 horas, Municipal de Barreiro) o seu primeiro triunfo fóra da casa da tempada ante un ambicioso Celta B.
O filial celeste, tras os apuros de parte da pasada campaña para salvar a categoría, deu un paso adiante este ano coa intención de loitar polos postos de privilexio, un salto de calidade que confirmou nas primeiras xornadas da competición situándose na quinta praza sen perder aínda ningún encontro.
Tentarán os granates ser os primeiros en vencer ao equipo vigués, e de paso demostrar que o choque de pretempada entre ambos os dous (0-4 en Moraña) non reflectiu a realidade, xa que se xogou cun Celta B máis rodado ao comezar antes a adestrar.
A principal dúbida para Luisito pasa pola parcela central da defensa, onde Jacobo Trigo cae da lista por sanción uníndose á lista de baixas xunto ao lesionado Iker Alegre e Gonzalo. Os demais futbolistas do primeiro plantel desprazaranse a Vigo.
O colexiado do encontro será o castelán-leonés Alfonso Vicente del Moral.
Relacionadas:
-
O Pontevedra paga o seu conformismo ante un Celta B que xoga máis dunha hora en inferioridade (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra segue adiante na Copa Federación ao vencer con autoridade ao Ribadumia (1-3)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Iker Alegre xa pensa en acurtar prazos na súa recuperación
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra pasa de poder golear a terminar pedindo a hora fronte ao Palencia (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |