As "ganas e ilusión" dun novo club, o Ximnasia Vila de Marín
Por Diego Espiño
Un novo club deportivo únese á oferta formativa de Marín con "muchas ganas y mucha ilusión", o Club Ximnasia Vila de Marín.
Trátase dun "proyecto ambicioso pero empezando poco a poco desde la base", explicou o seu presidente, Francesc Casanovas, que ofrecerá a posibilidade de practicar ximnasia rítmica, acrobática e trampolín "en una zona donde no se practicaban hasta ahora estas modalidades".
A súa intención é poder "llegar a la comarca de O Morrazo", e para iso fixaron a súa sede e lugar de adestramentos no Colexio San Narciso, no que dispoñerán do seu pavillón durante todas as tardes da semana e no que pasarán a formar parte da súa oferta de actividades extraescolares.
Desde o seu inicio contará con catro adestradoras (Antía Duro, Paola Melón, arolina Gregoria e Silvia Cabaleiro) e o apoio como director técnico de Pablo Hinojar, presidente do Club Ximnasia Pontevedra e actual seleccionador nacional de ximnasia acrobática e trampolín.
Precisamente Hinojar prognosticou que o proxecto que planteal do Club Ximnasia Vila de Marín "va a ir despacio pero con paso firme" e que no futuro "dará alegrías" ao municipio.
A idade mínima para participar no club fixouse en 5 anos, iniciándose un período de captación de deportistas que poden inscribirse a través da páxina web www.clubximnasiavilademarin.es. Esta campaña promocional incluirá ademais varias exhibicións.
Na súa presentación, o club estivo arroupado polo concelleiro de Deportes de Marín, Antonio Traba, o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez, o director do San Narciso, Diego Rosales, e por un representantes do servizo de Deportes da Xunta de Galicia.