Iker Alegre será operado o próximo 23 de setembro, pero xa iniciou a súa recuperación con exercicios para fortalecer a musculatura da perna e declárase "bastante optimista" para recortar os prazos de convalecencia, fixados inicialmente entre seis e oito meses.
Así o recoñeceu no programa 'La Trastienda' de PontevedraViva Radio, no que explicou que "hablando un poco con el médico me dice que a raíz de los 6 meses el ligamento estaría estable para empezar a competir, pero a los 4 o 5 meses ya puedes empezar a meterte en el grupo".
O futbolista granate explicou que o diagnóstico "me pilló un poco de sopetón", xa que as primeiras probas non apuntaban a unha lesión de tanta gravidade.
Ademais mostrouse agradecido "con el ánimo de todos los amigos que he hecho en el mundo del fútbol y sobre todo del club y la gente de Pontevedra". Tamén dos seus compañeiros, que saltaron ao campo ante o Palencia cunha camiseta de apoio.
O que descartou Iker é que a rotura do ligamento teña relación coa lesión na mesma xeonllo que sufriu en pretempada, ante o Lugo, e que lle mantivo dúas semanas parado. "Por lo me dijo el médico no tiene que ver mucho la una con la otra", resolveu.
DESPRAZAMENTO DE AFECCIONADOS A VIGO
O Pontevedra anunciou a posta a disposición do seu afeccionados un autocar para viaxar de maneira organizada a Vigo, para ver o choque que enfrontará aos granates co filial do Real Club Celta, o vindeiro sábado 17 ás 16:30 horas no Municipal de Barreiro.
O prezo da viaxe é de 5 euros, sen incluír a entrada para o partido, fixada en 10 euros para os menores de 17 anos e en 15 euros para o público adulto. O autobús sairá ás 14:45 horas desde o Pavillón Municipal dos Deportes e regresará tras o encontro.
Os interesados en reservar a súa praza poden facelo nas oficinas do club, no Estadio Municipal de Pasarón, ata as 14:00 horas do venres.