Palencia, un partido especial para Luisito
Por Diego Espiño
Hai xa moitos anos daquilo, "creo que o último foi no 94 o 95", lembra, pero aínda así é un partido especial porque "alí manteño moitas amizades".
José Luis Míguez, Luisito, leva xa anos desfilando por varios dos bancos con máis soleira do fútbol galego, pero antes gozou dunha longa traxectoria como futbolista ao longo do territorio nacional.
O agora técnico do Pontevedra xogou dous anos como futbolista no CF Palencia, desaparecido no ano 2012 e cuxa testemuña tomou o Club Deportivo Palencia, próximo rival dos granates en liga tras ascender a pasada campaña a Segunda B.
"Xa non é ese Palencia, é outro, ese Palencia desapareceu, con moitos problemas. O que me dá pena é que agora reflotaron a este e teñen eses problemas tamén", asegura.
Xogando no antigo estadio da Balastera, Luisito anotou 31 goles nas dúas campañas na división de bronce do fútbol nacional (30 en liga e un en Copa). Na súa primeira tempada, o equipo palentino foi noveno e na segunda descendeu, aínda que el foi con 18 goles o máximo goleador do grupo.
Bos recordos e vivencias con, entre outros, o adestrador que ascendeu en xuño ao Palencia, Santi Canedo, que foi destituído tras a xesta. "Me fastidia por el, co difícil que é ascender a un equipo a Segunda B, que nós o sabemos ben, e lle dixeron que non cumplía o perfil. Eu creo que ese chaval non merecía eso", defende Luisito.
Desde entón o club castelán, con varios cambios no banco, atravesa unha situación complicada que lle deixa como "un equipo en construción", pechacancelas tras as dúas primeiras xornadas pero do que o adestrador do Pontevedra non se fía, xa que "teñen un ramallete de bos futbolistas, con moitísimo oficio".
Entre eles cita a Héctor Granado, Durántez, Pelayo, Iván Zarandona, Ibon Gutiérrez, Chuchi, Diego Torres ou o ex-granate Xavi Morei, o que fai que trate co máximo respecto a visita do CD Palencia o vindeiro domingo (18:00 horas) ao Estadio Municipal de Pasarón.
Relacionadas:
-
O Pontevedra pasa de poder golear a terminar pedindo a hora fronte ao Palencia (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra, a recuperar o paso na visita do recentemente ascendido Palencia
Por Diego Espiño |
-
Iker Alegre estará "entre seis e oito meses" de baixa ao confirmarse que sofre unha grave lesión de xeonllo
Por Diego Espiño |
-
Preocupación ante a nova lesión de xeonllo de Iker Alegre
Por Diego Espiño |
-
Un mal día na oficina do Pontevedra cústalle a derrota en Santander (2-0) ante o Real Racing
Por Redacción |