Vistosa estrea en Portonovo do Tríatlon Boamorte
Por Diego Torrado
María Jesús Coya (GV Sports) e Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) foron os grandes vencedores da primeira edición do Tríatlon Boamorte, en Portonovo.
A praia de Baltar foi o epicentro dunha proba celebrada en distancia olímpica e sen drafting e que reuniu este domingo a 350 deportistas.
En categoría feminina María Jesús Coya completou o percorrido en 2 horas, 20 minutos e 35 segundos, con máis de 4 minutos de vantaxe sobre as súas perseguidoras. Segunda foi Marta Barbeito (AD Fogar) e terceira Sonia Pariente (GV Sports).
Pola súa banda Gustavo Rodríguez impúxose cun tempo de 1 hora, 51 minutos e 17 segundos, por diante do seu compañeiro de club Luís Miguel Velásquez (1:53:26). Completou o podio a máis distancia Ismael López, do Tríatlon Vilagarcía (1:57:52).
Consulta aquí as clasificacións completas do I Tríatlon Boamorte.