Marín prepara unha xornada de "festa do atletismo" co Campionato de España de Milla en Ruta
Por Diego Espiño
O vindeiro sábado 24 de setembro Marín converterase no centro do atletismo galego e tamén nacional coa disputa do Campionato de España de Milla en Ruta.
A organización pretende converter o centro urbano de Marín nunha "fiesta del atletismo" durante toda a xornada, e por iso, ademais do Campionato de España, organizarase unha competición para as categorías inferiores e tamén terá lugar a tradicional Milla Urbana San Miguel.
En total espérase contar con preto dun milleiro de deportistas, entre eles "los mejores milleros de los últimos años como Solange y Víctor", sinalou Gonzalo Méndez en referencia ao marinense Víctor Riobó e a canguesa Solange Pereira, claros candidatos ao podio na categoría elite.
Para atraer aos mellores especialistas nacionais contarase con premios monetarios de 1.000 euros, 700, 500, 400 e 300 euros que levarán respectivamente os cinco primeiros clasificados das carreiras absoluta masculina e feminina.
A actividade iniciarase ás 12:00 horas co Criterium Quilómetro Urbano destinado ás categorías inferiores, desde a idade benxamín ata a cadete, no que "esperamos tener aquí a todas las escuelas y clubes de Galicia".
Xa pola tarde, ás 17:15 horas, será quenda para a popular Milla Urbana San Miguel, e ás 18:00 horas iniciarase o Campionato de España coas categorías de veteranos. Pola súa banda a proba elite feminina disputarase ás 19:30 horas e a masculina ás 19:50 horas.
Todo eles no habitual circuíto habilitado na Avenida de Ourense, fronte á Alameda, onde se instalará unha bancada portátil para poder seguir a xornada deportiva, convertida en "puro espectáculo", tal e como a cualificou Solange Pereira, convencida que "el de Marín va a ser el Campeonato de España de más nivel de los últimos años".
Relacionadas:
-
Solange Pereira agranda a súa lenda en Marín nun espectacular Campionato de España de Milla
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
600 atletas converterán o Campionato de España de Marín nunha "milla de ensueño"
Por Diego Espiño |
-
Marín será sede en setembro do Campionato de España de Milla en Ruta
Por Diego Espiño |