Pontevedra, parada do #RetoChagas do atleta Chema Martínez
Por Diego Espiño
Non todo os días uno pode adestrar con todo un campión de Europa de 10.000 metros, subcampión en maratón e atleta olímpico, e facelo aínda por encima por un fin solidario.
Ë o que fixo este luns un grupo de pontevedreses na Illa das Esculturas, punto de parada do #RetoChagas que promove o coñecido atleta madrileño Chema Martínez.
O seu obxectivo, completar en bicicleta os 970 quilómetros que separan Madrid de Fisterra á vez que recada fondos para loitar contra a enfermidade de Chagas, unha doenza producida por un parasito que afecta a máis de 7 millóns de persoas en todo o mundo, especialmente en América latina.
"Se trataba de la gente supiera que existe esta enfermedad, el Chagas, que yo creo que eso lo hemos conseguido, y si llegamos a Finisterre el grupo Chemo donará 100.000 euros", explicou en Pontevedra, tras finalizar a penúltima etapa da súa ruta.
A xente colaborou con eles usando en Twitter o 'hastag' #RetoChagas, xa que con cada post acumulábanse 20 metros de ruta ata chegar aos 970 quilómetros necesarios para completar o percorrido, pero "otra manera era corriendo con nosotros o acompañándonos en bici".
Despois dunha dura xornada de máis de 8 horas encima da bicicleta e sen apenas descanso, Chema Martínez acudiu á Illa das Esculturas, onde compartiu experiencia cos asistentes mentres completaban un adestramento de preto de 6 quilómetros a beiras do río Lérez.
"Lo que más me gusta es correr y compartirlo con gente pues disfruto, me da igual el ritmo, me da igual el tiempo, simplemente salir a correr y tener sensaciones buenas", asegurou o atleta internacional. Se ademais diso faise por unha boa causa, imposible non sumarse ao #RetoChagas.