Pablo Dapena logra outro bo resultado na media distancia vencendo en Guadalajara
Por Redacción
Figuraba na lista de inscritos para o Campionato Galego de Tríatlon que se celebraba en Pontevedra, pero finalmente decidiu continuar a súa aposta desta tempada pola media distancia en Guadalajara e o cambio non lle puido resultar máis positivo.
Pablo Dapena sumou o seu segundo triunfo nesta especialidade en apenas unha semana, tras impoñerse no Valle de Buelna, ao dominar por completo o XXXI Tríatlon de Guadalajara, unha das probas máis antigas do calendario nacional.
As altas temperaturas e o vento endureceron a proba, pero o deportista pontevedrés superou estes obstáculos para colocarse en primeira posición desde a natación e continuar na cabeza no tramo ciclista e na carreira a pé final.
A distancia cos seus perseguidores foi aumentando e entrou en meta cun tempo de 3 horas, 51 minutos e 18 segundo, con máis de 7 minutos de vantaxe sobre o segundo clasificado, Ariel Hernández (3:58:25), e de 10 minutos sobre o terceiro, Alberto González (4:01:44).
Tras esta proba Dapena volve agora a pensar na distancia olímpica, xa que a súa próxima cita será o Campionato de España que se celebra o próximo fin de semana en Banyoles.
Relacionadas:
-
Rouban en Madrid a bicicleta de competición de Pablo Dapena
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena estará na Gran Final das Series Mundiais de tríatlon, en Cozumel
Por Diego Espiño |
-
Bronce con sabor a ouro para Pablo Dapena no Campionato de España de Tríatlon
Por Redacción |
-
Pablo Dapena cóllelle o gusto ao tríatlon de media distancia e imponse no Valle de Buelna
Por Redacción |
-
Pablo Dapena acaba en segundo lugar no tríatlon de media distancia de Vitoria
Por Redacción |
-
Pablo Dapena e Sonia Pariente triunfan no primeiro 113 Swim Ride Run
Por Diego Torrado |