O baloncesto pontevedrés toma a rúa
Por Diego Torrado
A Praza de España converteuse este sábado un ano máis nunha pista improvisada de baloncesto coa XV edición do Torneo Urbano 3x3 organizado polo Arxil.
Un total de 80 equipos de todas as categorías déronse cita na competición, con inicio ás 11:00 horas e final previsto ás 20:30 da tarde.
Esta cita supón unha aposta do club pontevedrés pola promoción do deporte da canastra na cidade, xunto ao torneo escolar que organiza habitualmente en xuño.
Ademais da parte competitiva, o torneo incluía concursos de triplos e tiros libres, sempre aplaudidos polos asistentes.