Piragüismo Vilaboa e Breogán do Grove levan o XXXIX Trofeo Princesa de Asturias
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Cinco anos despois a Ría de Pontevedra volveu ser escenario este luns, 15 de agosto, da súa regata, o Trofeo Princesa de Asturias de Piragüismo.
A competición recuperou o seu formato orixinal, con saída na praia de Baltar, en Portonovo, porteos en Silgar e Combarro e chegada na ponte do Burgo, en pleno centro de Pontevedra, tras 20 quilómetros de percorrido.
Iso en canto ás probas principais, o K-4 e C-4, nunha edición disputada só con clubs e que contou coa presenza de 356 deportistas. Desde Combarro, nun percorrido reducido, partiron ademais as categorías de K-2 e C-2.
A tripulación K-4 do Piragüismo Vilaboa composta por Antonio Palmas, Javier Conde, Brais Sánchez e José Alberto Conde foron os primeiros en liña de meta cun tempo de 1 hora, 10 minutos e 9 segundos, seguidos do Kayak Tudense e o Club Naval de Pontevedra.
Pola súa banda en C-4 o vencedor foi o Breogán do Grove, que tamén copou a segunda posición co Náutico Pontecesures terceiro. Tamén gañou o Breogán no K-4 feminino, con Ría de Aldán e As Torres completando o podio.
Por clubs o vencedor absoluto foi o Club Naval de Pontevedra (909 puntos), seguido de As Torres Romaría Vikinga (852) e Club de Mar Ría de Aldán (845).
Consulta aquí os resultados completos e por categorías do XXXIX Trofeo Princesa de Asturias.
Relacionadas:
-
O piragüismo toma a ría co XL Trofeo Princesa de Asturias
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Trofeo Princesa de Asturias de piragüismo regresa á ría con máis de 400 deportistas
Por Redacción |
-
Destacado papel da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra no Grove
Por Redacción |
-
A Ría de Pontevedra recupera a súa regata máis emblemática
Por Diego Espiño |