Boas sensacións que disparan o optimismo no Cisne
Por Diego Espiño
A poucos días do seu primeiro partido amigable da pretemporada, o sábado na Coruña ante o Juanfersa Gijón, o Club Cisne Balonmán destila optimismo para afrontar a que será a súa segunda campaña na División de Honra Prata.
Así polo menos mostrouse unha das dúas fichaxes presentadas este xoves, Xosé Canedo, que tras unha semana de adestramentos co equipo asegura ver "a la gente muy metida", o que lle fai pensar "asegurar la permanencia y luego ya veremos".
É a opinión dun xogador que a pasada campaña militaba na máxima categoría (Go Fit Sinfín), aínda que o seu adestrador, Jabato, declárase "más realista" e primeiro quere "asegurar la permanencia y luego ya veremos".
Canedo, cuxa fichaxe fora anunciada con anterioridade, compareceu ante os medios xunto á última incorporación do equipo, o lateral de 19 anos Alejandro Conde, que chega ao club procedente do Academia Octavio, onde coincidiu co que vai ser de novo o seu adestrador. "Me hizo debutar en la B y cuando me llamó no me lo pensé", asegurou.
Ambos os xogadores reforzan a primeira liña do equipo, que tras pechar a saída como cedido do gardameta Juan Novás ao Chapela, garda unha ficha libre para tentar "cerrar al ansiado extremo derecho", recoñeceu o presidente cineísta, Santiago Picallo.
O Cisne aproveitou a ocasión ademais para presentar ao segundo adestrador do equipo, Pablo Alemany 'Peque'.
Relacionadas:
-
"Viñemos para quedar", avisa un Cisne que mantén prezos na súa nova campaña de socios
Por Diego Espiño |
-
O Cisne avanza na Copa Galicia tras vencer ao Chapela (23-29)
Por Redacción |
-
Sorte dispar para Teucro e Cisne nos seus amigables de pretemporada
Por Redacción |
-
Teucro e Cisne xa coñecen o seu camiño na Copa Galicia de balonmán
Por Redacción |
-
"Ganas de trabajar" na volta aos adestramentos do Cisne
Por Diego Espiño |
-
O Cisne reforza a súa primeira liña coas fichaxes de Xosé Canedo e Pablo Gayoso
Por Redacción |
-
Zamora-Teucro e Cisne-Gijón na primeira xornada da División de Honra Prata
Por Diego Espiño |