O Pontevedra céntrase en "tres opciones" para a fichaxe dun dianteiro
Por Diego Espiño
A actualidade do Pontevedra Club de Fútbol segue virando, a dez días do inicio do campionato de liga, ao redor de dous puntos, a contratación do dianteiro que completaría o plantel e a posible saída de Kevin Presa.
Na presentación do LVII Trofeo Luís Otero, que o vindeiro sábado enfrontará aos granates co Lugo no Estadio Municipal de Pasarón (20:00 horas), a presidenta do club, Lupe Murillo, cualificou ao centrocampista como "fundamental" e defendeu que "sigue siendo jugador del Pontevedra", aínda que recoñeceu "conversaciones con el Lugo y con otros equipos".
"Velaremos por sus intereses pero también por los nuestros", recoñeceu a dirixente, que tamén repasou ante os medios de comunicación a situación das negociacións para fichar a outro dianteiro, tras a chegada de Mario Barco.
"Estamos esperando por tres opciones", explicou, tras recoñecer como "un error haber esperado tanto tiempo" para pechar a incorporación do atacante, cuxa cesión estaba apalabrada co Lugo, xa que "el perfil de Mario Barco tiene que acompañarse con otro perfil de jugador" e se el non chegaba "los fichajes eran distintos".
Mentres tanto o equipo adestrado por Luisito segue afinando a súa preparación e esta fin de semana afrontará os seus dous últimos partidos amigables, o mencionado ante Lugo o sábado e o domingo a domicilio ante o Moaña (20:00 horas).
Relacionadas:
-
Mateu Ferrer, o 'home gol' elixido polo Pontevedra
Por Redacción |
-
Kevin Presa con pé e medio fora do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Pontevedra e Lugo pactan a cesión de Mario Barco
Por Redacción |
-
A forte calor, protagonista do Cultural Areas-Pontevedra (0-2)
Por Redacción |
-
David Añón inaugura a conta goleadora dun Pontevedra en alza fronte ao Villalonga (0-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |