Protagonismo para a épica na segunda edición do Trofeo Ría de Marín de ciclismo feminino
Por Redacción
A dureza do circuíto, unida á intensa calor e as horas centrais do día en que se disputou, converteron en épico o II Trofeo Ría de Marín de ciclismo feminino.
A cita foi unha auténtica carreira de supervivencia, con 98 quilómetros de percorrido nos que figuraban tres ascensións alto do Castro de terceira categoría, un polo de Miñán, de segunda, e final no Lago de Castiñeiras.
Iso en canto á ciclistas elite e sub-23, co título da Copa de España en xogo e que finalmente foi para Anna Kiesenhofer (Frigoríficos Costa Brava-Naturalia) grazas ao seu sexto posto.
A gañadora en solitario en Castiñeiras foi Mavi García (Bizkaia-Durango), con 22 segundos de vantaxe sobre Lorena Llamas (Frigoríficos Costa Brava-Naturalia) e 2:29 sobre a terceira clasificada, Eider Merino (Lointek).
Por detrás, entre as juniors, impúxose Sara Martín (Sopela Ugeraga) avantaxando en 50 segundos á súa compañeira Miriam Gardachal. A local Irene Trabazo foi oitava a 4'27'' da gañadora.
A carreira cadete pola súa banda levouna Alba Gómez (Koryo Car), completando o palmarés do trofeo.