Marín e o Sahara, unidos por un balón
Por Diego Espiño
O idioma non é barreira cando existe un balón polo medio. Nenos saharauís e marinenses compartiron este sábado deporte e sorrisos na xornada de convivencia e adestramento de fútbol organizada pola EF Vila de Marín no campo de San Pedro.
Unha trintena de nenos saharauís acollidos en Galicia durante este verán participaron na actividade xunto a pequenos futbolistas dos equipos do Vila de Marín, coa intención de "que se junten y que lo pasen bien".
Así o explicou Patricio Fernández. "Soy padre de acogida de uno de los niños y entreno en el Vila de Marín, por lo que me ocurrió juntarlos para un entrenamiento y que lo hagan en unas instalaciones como estas", sinalou.
Os nenos afrontaron unha pequena sesión de adestramento antes de xogar dous partidos.
Ademais da EF Vila de Marín participaron da iniciativa familias de acollida da zona do Salnés, O Morrazo, Vigo e Pontevedra.