Ponte Caldelas repite aposta polo atletismo popular coa segunda carreira +5 Bandeira Azul
Por Redacción
Por segundo ano consecutivo Ponte Caldelas aposta polo atletismo popular coa carreira +5 Bandeira Azul.
A proba, de 5.000 metros de percorrido, disputarase o vindeiro sábado 6 de agosto con saída ás 20:30 horas desde a Alameda.
Iso en conto á proba absoluta e das categorías junior, promesa e veteranos, xa que antes, desde as 19:15 horas, celebraranse as carreiras de menores.
O circuíto trancurrirá entre a Alameda e a praia fluvias da Calzada, polo paseo do río Verdugo.
A organización, que mantivo nas últimas horas unha reunión de seguridade con responsables dos efectivos de emerxencia, espera superar a participación da primeira edición, cando competiron preto de 150 deportistas na categoría absoluta, ademais dun cento de nenos nas categorías inferiores.