Pierre Oriola, de xogador de moda na ACB a mestre no Campus Baloncesto Pontevedra
Por Cristina Saiz
Foi xogador da xornada na liga ACB, cando conseguiu 23 puntos, 9 rebotes e 35 de valoración na xornada 10 da competición, e converteuse nunha das sensacións da campaña no seu equipo, o Baloncesto Sevilla, no que alcanzou 8,5 puntos e 3,5 rebotes por partido.
Ese rendemento valeulle para asinar por dous anos co Valencia Basket. É Pierre Oriola, ala pívot catalán de 23 anos e 2,06 metros de altura, convertido en mestre de luxo en Pontevedra.
Oriola foi a estrela convidada este martes no Campus Baloncesto Pontevedra que se está desenvolvendo nas instalacións da Cidade Infantil de Príncipe Felipe, tomando a testemuña de Pepe Pozas, base do Obradoiro santiagués.
Internacional en categorías de formación, Pierre compartiu experiencias e trucos cos xóvenes deportistas, que aspiran a chegar un día á elite.
O Campus Baloncesto Pontevedra continuará coa súa actividade durante toda a semana, ata o vindeiro domingo 7 de agosto.
Relacionadas:
-
Todo un campión da ACB para o Campus Baloncesto Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Alfonso Sánchez e Pierre Oriola serán os invitados do Campus Baloncesto Pontevedra 2017
Por Redacción |
-
Soños de ACB no Campus Baloncesto Pontevedra
Por Cristina Saiz |
-
O Campus Baloncesto Pontevedra, un proxecto "de futuro"
Por Diego Espiño |
-
Pierre Oriola e Pepe Pozas, confirmacións ACB para o Campus de Baloncesto
Por Redacción |