O atletismo galego despide tempada en Pontevedra
Por Redacción
Previsións de bo tempo e unha notable participación a nivel autonómico e nacional. Así se presenta a Festa do Atletismo Galego que se celebrará este xoves no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
A proba, que colle a testemuña do cancelado Meeting Rías Baixas, servirá de peche da tempada ao aire libre para a maioría de deportistas.
Entre os atletas inscritos figuran campións nacionais como a deportista da Pobra Lida Parada (xavelina), Tariku Novales (milla) ou internacionais como os marchadores pontevedreses Antía e Daniel Chamosa e a venezolana Joselyn Brea.
A competición arrincará ás 18:40 horas e prolongarase durante dúas horas, ao estar fixada a última das probas para as 21:30 horas.