Cita mundial en Bielorrusia para o piragüismo pontevedrés
Por Redacción
Unha importante representación de padexeiros da comarca afrontan desde este xoves en Minsk (Bielorrusia) o Campionato do Mundo Sprint nas categorías junior e sub-23.
A armada galega nesta cita está composta por 19 deportistas, case a metade da expedición española, na que supón a última competición previa aos Xogos Olímpicos e na que estarán presentes 70 países.
Na canle de regatas de Minsk, situado no lago artificial de Zaslawskaye, os piragüistas pontevedreses loitarán por achegarse ás prazas de podio.
Alí estarán en kaiak xuvenil Luís Rodríguez (Piragüismo Portonovo), no K-4 1.000, mentres Alexandre Castro (E.P. Ciudad de Pontevedra) participará no K-2 1.000 metros. Na mesma categoría pero en canoa Noel Domínguez (Breogán do Grove) competirá no C-2 1.000 metros xunto a Pablo Graña e o C-4 500 metros contará con David Barreiro e Manuel Fontán do Náutico de Ribadumia e tamén con Pablo Rodríguez (Piragüismo Poio) acompañados de Rubén Fernández (Boiro), nunha proba na que defenderán a medalla de bronce conseguida hai un ano en Portugal.
O equipo xuvenil complétano Carolina García (E.P. Ciudad de Pontevedra) no K-2 500 e o K-4 500 metros, e Antía Jacomé (E.P. Ciudad de Pontevedra) en C-1 e C-2 200 metros.
En canto á categoría sub-23, Sergio Vallejo (Piragüismo Poio) buscará realizar un bo papel no C-1 1.000 metros, Jenifer Casal (Ciudad de Pontevedra) estará no C-2 200 metros e Natalia García (Breogán do Grove) no K-2 500 metros.
Relacionadas:
-
Club Piragüismo Vilaboa e Ría de Aldán, grandes vencedores en Verducido
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A pista de piragüismo do Pontillón, escenario dun Campionato Galego de récord
Por Redacción |
-
O Breogán do Grove, terceiro no Nacional de piragüismo en pista
Por Redacción |
-
Os clubs de deportes náuticos da provincia benefícianse de medio millón de euros da Deputación
Por Redacción |