Emoción e deportividade sobre a area de Baltar nunha nova edición do campionato de balonmán praia
Por Redacción & Diego Torrado
Dezaoito anos cumpriu xa o campionato de balonmán praia de Baltar que, como vén sendo habitual, reuniu esta fin de semana na principal praia de Portonovo (Sanxenxo) aos mellores xogadores galegos desta disciplina deportiva.
Un total de trinta equipos disputaron sobre a area de Baltar o campionato na categoría sénior.
O triunfo foi para o equipo Sospechosos habituales, que se impuxo a Servisub Painkillers, na final masculina. O terceiro posto foi para BMP Panchitos.
Pola súa banda, entre as mulleres as gañadoras foron as integrantes do equipo El Bunga, que derrotaron na final a Waterfuckers 2.0. Completou o podio os conxunto Pescados Ultimate.
Un dos grandes atractivos do campionato foi ver en acción sobre a area a xogadores da liga Asobal, da División de Honra Prata ou da División de Honra Feminina.
Ao longo deste luns 25 de xullo desenvólvese a competición nas categorías base, cuns 20 equipos inscritos no torneo. É a principal novidade deste ano.