O Froiz termina a 'Vuelta a León' cun terceiro posto de Martín Bouzas na crono final
Por Redacción
Coa disputa da quinta etapa entre Vegacervera e Cueva de Valporquero, unha contrarreloxo individual de 9,8 quilómetros, a XXVII Vuelta Ciclista a León chegou ao seu fin, cun bo papel do GD Supermercados Froiz, ao conseguir de novo un terceiro posto parcial por medio de Martín Bouzas (campión de España da modalidade), mentres Renato Macedo lograba o décimo mellor tempo. Martín fixo unha boa contrarreloxo aínda que un pouco curta para as súas características
Ademais, o dia anterior David González e Joao Matias, que xa fixera terceiro na terceira etapa da rolda leonesa, estiveron escapados case desde o inicio da carreira, aínda que foron neutralizados nos últimos quilómetros, tendo que conformarse co sexto posto de David.
Nunha espectacular chegada na Cueva de Valporquero, o ciclista chileno 'Lobito' Burmann, logrou o triunfo na crono, asegurando o seu dominio na xeral.
O ciclista do equipo asturiano Construcciones Paulino, vestiuse de amarelo na subida ao Cueto Rosales, na segunda etapa, e en Valporquero volveu demostrar o seu poderío cando a estrada empínase. Tiña 45 segundos de renda sobre Antonio José Soto, pero non foi a conservar. Aguantou na parte inicial da etapa, que era máis para rodadores, e superou a todos nos 5 quilómetros de subida nos que sacou a relucir a súa caste de escalador para superar por 16 segundos na pelexa pola etapa a Óscar González.
Relacionadas:
-
Martín Bouzas, ciclista do Froiz, seleccionado para a contrarreloxo sub-23 do Campionato de Europa
Por Redacción |
-
Martín Bouzas roza o triunfo no Gran Premio Cidade de Vigo de ciclismo
Por Redacción |
-
O Froiz inicia a recta final da súa tempada en Palencia
Por Redacción |
-
Pedro Merino di adeus á tempada e deixa coxo ao Froiz
Por Redacción |
-
Unha dura caída manda a dous corredores do Froiz ao hospital en Toledo
Por Redacción |
-
O Froiz, combativo pero sen fortuna na Vuelta a Ávila
Por Redacción |
-
As voltas a Ávila e Zamora, próximos obxectivos do Froiz
Por Redacción |
-
O equipo Trek do UCI Pro Tour pon os seus ollos no corredor do Froiz Martín Bouzas
Por Redacción |