A Toxa acolle un ano máis a algúns dos protagonistas do 'Hai que Roelo'
Por Ramiro Espiño
O Club de Golf da Toxa foi o escenario un ano máis da xa tradicional comida conmemorativa do Hai Que Roelo!, na que se deron cita xogadores desa etapa histórica do Pontevedra CF, como Fuertes, Martín Esperanza, Calleja e Ceresuela, aos que se uniu case ao final da cita Aguinaga.
Organizada pola dirección da empresa SERGA, Xestión Integral de Comunidades, firma moi vinculada desde hai anos ao club granate con Nacho Charlín e Santiago Mariño á cabeza, que exerceron de anfitrións nunha xornada emotiva, máis se cabe nesta ocasión na que coincide a próxima celebración dos 75 anos dun club, do que os asistentes asinaron as páxinas máis gloriosas da súa historia.