Club Piragüismo Vilaboa e Ría de Aldán, grandes vencedores en Verducido
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Club Piragüismo Vilaboa fixo valer a súa condición de favorito no Campionato Galego en Pista, celebrado durante a fin de semana na pista David Cal de Pontillón do Castro, para levar o título na categoría masculina.
Despois de dous días de competición e baixo un sol de xustiza sumou 465 puntos na xeneral masculina para terminar por diante do Breogán do Grove (400 puntos) e o Kayak Tudense (395 puntos).
Na categoría feminina o gran vencedor foi o Ría de Aldán (442 puntos), seguido de Kayak Tudense (267 puntos) e Club As Torres Romaría Vikinga (229 puntos).
Doutra banda o Club Náutico Firrete terminou en primeira posición na xeral masuculina da categoría Xuvenil, secundado no podio polo Breogán do Grove e o Club Piragüismo Rías Baixas respectivamente, mentres o Club As Torres logrou o primeiro posto en mulleres por diante do E.P. Ciudad de Pontevedra e Piragüismo Verducido.
Despois desta competición a clasificación da Liga Galega Senior Masculina segue encabezada polo Piragüismo Vilaboa con 587 puntos, mentres o Ría de Aldán mantense á fronte na categoría feminina (585 puntos) seguido de preto polo Breogán do Grove (577 puntos).
A nivel individual destacou o campionato realizado por Adrián Sieiro, padexeiro do Piragüismo Poio que logrou catro medallas, con dous ouros e dúas pratas.
Relacionadas:
-
Un Nacional de Xóvenes Promesas "de récord" no encoro de Pontillón do Castro
Por Redacción |
-
Cita mundial en Bielorrusia para o piragüismo pontevedrés
Por Redacción |
-
A pista de piragüismo do Pontillón, escenario dun Campionato Galego de récord
Por Redacción |
-
O Breogán do Grove, terceiro no Nacional de piragüismo en pista
Por Redacción |