A estrada de Laxoso, escenario elixido para a I Subida Concello de Ponte Caldelas
Por Redacción
A estrada PO-234, que une Laxoso con Augasantas (Cotobade), é o lugar elixido para a estrea da Subida Concello de Ponte Caldelas, proba incluída desde esta tempada no Campionato Galego de Rally de Montaña.
A competeción terá lugar os días 20 e 21 de agosto, polo que os traballos previos intensifícanse a un mes da súa celebración.
Neste sentido os veciños de Laxoso e o Concello manterán o luns 18 unha reunión para pechar todos os detalles organizativos.
En canto á elección da estrada de Laxoso, tomouse a decisión ao considerar que este viario resulta apropiado para unha competición automobilística pola abundancia de curvas, a protección con biondas e as zonas elevadas xunto á calzada para que o público poida seguir a proba con seguridade.
A programación da I Subida Concello de Ponte Caldelas arrincará o venres 19 de agosto coa exposición dos vehículos participantes na Avenida de Galicia, mentres a competición desenvolverase durante sábado e domingo con seis mangas cronometradas nun tramo de 3,7 quilómetros.