Pacheco acurta a súa recuperación e recibe a alta médica dous meses e medio despois de lesionarse
Por Diego Espiño
Cando se lesionou nun partido entre Pontevedra B e Valladares, o período de recuperación da fractura de radio e escafoides da súa man dereita estimábase en tres meses e medio, pero un mes antes do previsto Pacheco logrou o visto bo dos médicos, "si tengo que estar tres meses me vuelvo loco, ya estaba con muchas ganas de poder jugar".
O defensa granate xa está a disposición de Milo Abilleira para este mesmo domingo ante o Céltiga, sempre que o técnico o estime oportuno, un retorno para o que asegura sentirse preparado,"estuve mes y medio parado de todo y lo pasas mal pero ahora ya me veo para competir, quizás no al 100% pero sí para estar a buen nivel". Para poder xogar Pacheco deberá levar unha protección no seu brazo durante polo menos dous meses.
"Breo va a ser su mayor peligro, lleva dos goles y dos asistencias en tres partidos"
O próximo rival en liga é un Cétiga que se encontra no seu mellor momento da tempada guiado por un vello coñecido dos granates, Breogán Pereiro, "Breo está muy motivado, lo vamos a tener muy en cuenta, va a ser su mayor peligro, lleva dos goles y dos asistencias en tres partidos. Va a ser un partido complicado en un campo difícil pero tenemos muchas posibilidades de poder ganar".
Os do próximo domingo serán tres puntos vitais para Pontevedra e Céltiga en busca dos seus obxectivos, o granate consolidarse nos postos de play-off , "con lo difícil que se ha puesto, ahora que estamos cuartos no podemos dejar pasar la oportunidad".