Lores, sobre o Mundial de Piragüismo Maratón: "Se non é no 2020 será no 21"
Por Diego Espiño
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, está "moi satisfeito" polo desenvolvemento do recente Campionato de Europa de Piragüismo Maratón celebrado no río Lérez.
"Demostramos que somos capaces de organizar un campionato de Europa e mesmo un Mundial se coincide", sinalou o rexedor en relación ao Mundial da especialidade que a cidade pretendía organizar en 2020.
Ese campionato foi adxudicado xa a outra cidade pero "se non é no 2020 será no 21", recoñeceu Lores, porque "Pontevedra vai seguir apostando por eventos de elite e ese está en carteira".
Con todo o alcalde entende que o nivel dun Mundial non será moi superior ao recente Europeo, xa que se trata dunha especialidade dominada tradicionalmente por padexeiros europeos.
Entre eles atópase un pontevedrés como Óscar Graña, que a pasada fin de semana sumou a súa décimo oitava medalla internacional, cunha prata no C-2, e que este mércores foi recibido no Concello xunto á outra medallista local, Raquel Rodríguez, bronce en C-1.
Para Graña o campionato celebrado na casa "ha sido desde el punto de vista deportivo inmejorable", recoñeceu en canto a organización. Ademais a nivel persoal, a pesar da presión de agradar aos seus, conseguiu unha medalla "que es la que más me ha gustado conseguir" porque "es lo que sueña cualquier deportista de la ciudad".
Pola súa banda Raquel Rodríguez quixo agradecer o apoio recibido en "un campeonato muy bonito y emotivo" e nunha competición celebrada "en el mejor sitio que he remado", concluíu.
Relacionadas:
-
Os piragüistas pontevedreses, á conquista do Mundial de Maratón en Brandeburgo
Por Redacción |
-
A pista de piragüismo do Pontillón, escenario dun Campionato Galego de récord
Por Redacción |
-
Dobrete pontevedrés en C-2 para pechar un exitoso Campionato de Europa de Piragüismo Maratón
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Ouro continental para Tono Campos e bronce para Raquel Rodríguez nunha espléndida xornada de piragüismo
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Xornada sen medallas para os padexeiros locais no Europeo de maratón
Por Redacción |
-
Lara Outón estrea o medalleiro pontevedrés no Europeo de piragüismo maratón
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Quenda para os elite no Europeo de Maratón
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |