Ciudad de Málaga e Algeciras, vencedores do Arena 1.000 de Bueu
Por Redacción
Éxito de participación e público durante toda a fin de semana no torneo de balonmán praia Arena 1.000 de Bueu, primeiro da máxima categoría do Area Handball Tour que promove a Federación Española de Balonmán.
Durante tres días de competición a praia de Banda do Río presentou un espléndido ambiente, coroado este domingo coa disputa das finais.
Na final masculina, CBMP Ciudad de Málaga, vixente campión de España, impoñíase a Pinturas Andalucía BMP Sevilla en dous sets (24:23 e 28:27), mentres na feminina a igualdade entre CBMP Ciudad de Algeciras e Getasur foi máxima, nun duelo que tamén se resolveu en dous sets a favor das primeiras (15:17 e 20:22).
O resto de gañadores foron: Servisub Área Bueu e BMP Panchitas en categoría xuvenil, Minizas Painkillers e Bocaditos y Tapas na cadete, Rompe Huesos e Molubesa Área Bueu na infantil e Los Rompe Huesos na categoría alevín.
En total déronse cita en Bueu 70 equipos e máis 600 xogadores de toda a xeografía nacional.