Xornada sen medallas para os padexeiros locais no Europeo de maratón
Por Redacción
Vistosa xornada de competición a deste venres no Campionato de Europa de Piragüismo Maratón, con boas condicións de navegación no río Lérez e numeroso público seguindo as evolucións dos deportistas junior e sub-23.
A xornada concluíu sen ningunha medalla local, aínda que os pontevedreses Damián González e Manuel Cons, ambos os do Piragüismo Verducido, aspiraban ao máximo no C-1 da categoría sub-23.
Non tiveron o seu mellor día, lastrados por un choque aos 300 metros da saída que lles fixo perder tempo cos demais competidores. Tentaron recuperar posicións para achegarse ao podio, pero pagaron o esforzo nas últimas voltas. Finalmente Damián concluíu nunha meritoria sexta praza e Manuel foi décimo.
En canto aos barcos dobres, Yeray García e David Mochales (Club Piragüismo Illa de Arousa) concluíron na sexta posición na categoría C-2 junior.
Os que si conseguiron subir ao podio foron os españois Francisco Capín e David Migoya no K-2 junior, no que conseguiron a medalla de prata tras unha dura pugna cos gañadores, os húngaros Istvan Lukacs e Akos Obert.
Concluída a competición elite junior e sub-23, este sábado chega a quenda dos senior coas probas individuais, pechándose o domingo o Europeo coas regatas por equipos.
Relacionadas:
-
Lores, sobre o Mundial de Piragüismo Maratón: "Se non é no 2020 será no 21"
Por Diego Espiño |
-
Dobrete pontevedrés en C-2 para pechar un exitoso Campionato de Europa de Piragüismo Maratón
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Ouro continental para Tono Campos e bronce para Raquel Rodríguez nunha espléndida xornada de piragüismo
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Lara Outón estrea o medalleiro pontevedrés no Europeo de piragüismo maratón
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Quenda para os elite no Europeo de Maratón
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Os deportistas Master enchen de cor o río Lérez na estrea do Europeo de Piragüismo Maratón
Por Mónica Patxot |