Como seguir e gozar o Campionato de Europa de Piragüismo Maratón
Por Diego Espiño
Pontevedra prepárase para acoller o gran evento deportivo do ano, o Campionato de Europa de Piragüismo Maratón, que arrinca este martes 28 de xuño e prolongarase ata o vindeiro domingo 3 de xullo.
A contorna da ponte dos Tirantes será o epicentro da proba, que ademais de na bancada instalada fronte á zona de porteo, preto da ponte, desenvolverase río arriba ata Monte Porreiro, o que permitirá seguir as diferentes competicións desde diversos puntos como a Illa das Esculturas. Ademais na zona de bancada habilitouse unha pantalla xigante que emitará o evento en directo por 'streaming'.
"O operativo que se montou é espectacular", recoñeceu na presentación do campionato o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, ao que hai que sumar que "as grandes seleccións presentan equipos moi completos", sinalou.
Será en total preto de medio milleiro os deportistas que dean colorido ao Europeo, desde a categoría master ata a elite senior que pechará o campionato durante a fin de semana. En canto aos representantes da Federación Galega, serán 15 os padexeiros que participarán nas diferentes probas, o que supón "o equipo máis grande da nosa historia".
Entre a programación destaca ademais a cerimonia de inauguración, prevista para as 19:30 horas do mércores e que contará coa animación musical de Os de Algures e Davide Salgado.
Estes son os horarios de competición do Campionato de Europa de Piragüismo Maratón 2016:
- MARTES 28 DE XUÑO
- 8:00 horas: Grupos Máster kaiak e canoa
- 8:30 horas: Paracanoa
- 9:00 horas: Grupos Máster kaiak e canoa
- 12:30 horas: Grupos Máster kaiak masculino
- MÉRCORES 29 DE XUÑO
- 8:00 horas: Grupos Máster kaiak e canoa
- 8:30 horas: Paracanoa
- 9:00 horas: Grupos Máster kaiak e canoa
- 12:30 horas: Grupos Máster kaiak masculino
- 19:30 horas: Ceremonia de Inauguración do campionato
- XOVES 30 DE XUÑO
- 10:00 horas: Junior kaiak e canoa individual e U23 kaiak feminino
- VENRES 1 DE XULLO
- 11:15 horas: Junior kaiak e canoa equipos e U23 kaiak e canoa masculino individual
- SÁBADO 2 DE XULLO
- 11:00 horas: Senior kaiak e canoa individual.
- DOMINGO 3 DE XULLO
- 13:00 horas: Senior kaiak e canoa equipos.
Relacionadas:
-
Lara Outón estrea o medalleiro pontevedrés no Europeo de piragüismo maratón
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Quenda para os elite no Europeo de Maratón
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Os deportistas Master enchen de cor o río Lérez na estrea do Europeo de Piragüismo Maratón
Por Mónica Patxot |
-
O Europeo de piragüismo maratón comeza a despregarse na cidade
Por Alejandro Espiño |
-
O Lérez, escenario dun animado Open Cidade de Pontevedra de piragüismo
Por Redacción |
-
Pontevedra renova o seu compromiso co piragüismo
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra empeza a vivir o Campionato de Europa de Piragüismo Maratón
Por Diego Espiño |